O Concello de Narón solicita a colaboración para depositar os residuos domésticos nos contenedores axeitados

A empresa adxudicataria do servizo de recollida de lixo en Narón detectou nos últimos días varios problemas no mesmo, ao depositar algunhas veciñas e veciños produtos reciclables, como plástico e cartóns, entre outros, en contenedores que non son os axeitados para o seu tratamento.

A maiores dos problemas que isto xenera de cara a continuar reciclando axeitadamente os residuos, súmanse complicacións debido ao desbordamento nalgúns contenedores de lixo orgánico, ao non depositalo nos específicos dos correspondentes produtos. Por estes motivos, dende o Concello, solicítase a máxima colaboración cidadá para manter operativo o servizo á veciñanza nas mellores condicións e, ao tempo, continuar reciclando dun xeito óptimo. Así mesmo, recordouse que tanto as instalacións do Punto Limpo de Río do Pozo como o servizo de recollida de voluminosos non estarán funcionando durante o estado de alarma, tal e como se anunciou dende o decreto do Goberno central.

En canto ao servizo de recollida de lixo, recordouse que se mantén en días alternos. Os luns a recollida é por Santa Icía, A Gándara, O Val, San Mateo e zona semirural; os martes por Xuvia, O Alto, Doso, Pedroso e Sedes; os mércores por Santa Icía, A Gándara, O Val, San Mateo, O Val, San Mateo e zona semirural; os xoves por Xuvia, O Alto, Doso, Pedroso e Sedes, os venres por toda a zona urbana e a zona semirural; os sábados por Doso, Pedroso, Sedes e Cornido e os domingos por toda a zona urbana.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …