Bombeiros de Ferrol e Urbaser repártense as zonas de máis afluencia na labor de desinfección

Os bombeiros facendo labores de desinfección | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol está a poñer todos os recursos dos que dispón na loita contra o Covid-19. Proba de elo é a coordinación que se está a levar a cabo entre as concellerías de Seguridade, liderada por Germán Costoya, e a de Servizos, da que é responsable Ana Lamas. Ambos dous veñen de establecer un plan de traballo das tarefas de limpeza e desinfección profunda mediante a pulverización de hipoclorito sódico —solución que combinada con auga resulta lixivia— que se están levando a cabo na cidade desde que comezou a alerta sanitaria do Covid-19.

Froito desa coordinación efectivos do corpo de bombeiros de Ferrol céntranse na hixienización dos exteriores dos centros hospitalarios, ambulatorios, residencias de maiores e mercados de abastos, entre outros. Cuadrillas de tres profesionais cun camión bomba percorren estes lugares da cidade para proceder á súa desinfección.

Pola súa banda, o departamento municipal de Servizos reorganizou o seu persoal para adaptalo ás novas necesidades da cidade en previsión do curso que seguiría a pandemia e co fin de combater a propagación dos contaxios. Os empregados de Urbaser, empresa encargada da limpeza da cidade, puxéronse a traballar na hixienización intensa dos accesos de establecementos como farmacias, supermercados, panaderías e marquesiñas, entre outros.

Os efectivos de ambos servizos, o de bombeiros e do limpeza, desinfectan a diario a cidade, de luns a domingo en quedas de mañá e tarde. Fano seguindo un estrito protocolo de seguridade para evitar o contacto e dotados dos correspondentes EPIs (equipos de protección individual).

Lamas e Costoya coinciden en que a mellor forma de protexer e coidar á cidadanía é “traballar para ela de forma coordinada” desde os distintos departamentos municipais para “aproveitar ao máximo” os recursos do Concello. “Estamos poñendo todo o noso esforzo e medios en combater a propagación do Covid-19 e seguiremos facéndoo o tempo que sexa necesario”, explican.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …