O concelleiro de Mobilidade solicítalle á Xunta que se adecúen ás necesidades do persoal sanitario as frecuencias dos buses dos hospitais

Fot. Galicia Ártabra

O Concelleiro de Mobilidade, Julián Reina, púxose en contacto coa Xunta de Galicia e coa concesionaria do transporte metropolitano de Ferrol para trasladarlles a “extrema importancia” de que, en momentos tan delicados coma os actuais, os autobuses públicos que percorren as liñas dos hospitais circulen coas frecuencias adecuadas para o persoal sanitario. Dende este colectivo chegaron ao Concello nas últimas horas queixas porque as últimas reducións de horarios impiden que os profesionais da saúde se incorporen cada día aos seus postos a tempo de darlles os relevos aos compañeiros nos cambios de quenda. Os principais problemas, segundo trasladaron, prodúcense ás 8.00, ás 15.00 e ás 22.00 horas, e concretamente, nas liñas de transporte 21 e 34.

Reina fixo propia esta reivindicación formulada polos traballadores que nestes momentos son “máis imprescindibles de entre todos nós para a loita contra a epidemia de coronavirus” e solicitoulles tanto ao Goberno galego como á empresa que se fixesen as xestións oportunas para atender estas demandas. Así, na liña 21 adiantaríase media hora a saída dos servizos que parten do porto. O das 7.30 sairía ás 7.00, e o das 21.30, ás 21.00. Respecto da liña 34, piden os seguintes horarios de partida: 7.00, 14.00 e 21.00. O edil insistiu na urxencia de atopar unha solución que dea resposta ás necesidades deste colectivo e agradeceulles tanto á Xunta coma á concesionaria a boa disposición que mostraron para acadala. Segundo lle transmitiron, están a analizar a situación antes de facer as modificacións necesarias para garantir un correcto servizo, tanto para aos profesionais sanitarios coma para o resto de traballadores de actividades esenciais que están a empregar o transporte público.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …