O Concello fai chegar aos mercados municipais máis máscaras, luvas e hidroalcohol para loitar contra o coronavirus

Limpeza no mercado de A Magdalena | Concello de Ferrol

O Concello segue a distribuír equipos de protección individual e materiais diversos para contribuír á loita contra o COVID-19. Onte os voluntarios de Protección Civil que coordina a concellería de Seguridade entregaron nos tres mercados municipais un milleiro de EPIs para os vendedores, entre outros elementos. Ao da Magdalena, a área que dirixe Germán Costoya fixo chegar 200 máscaras, 200 pares de luvas de nitrilo, 5 litros de hidroalcohol e 2000 guantes de plástico para os clientes. Ademais colocáronse 70 carteis que informan das medidas de limpeza e hixiene que hay que observar para evitar a propagación do coronavirus, así como das distancias de seguridade que se deben manter tanto entre as persoas que compran como respecto dos responsables e traballadores dos postos.

Idénticas cantidades de material distribuíronse nas instalacións de Recimil, mentres que en Caranza repartíronse 100 máscaras, 100 pares de luvas de nitrilo, 5 litros de hidroalcohol e 1.000 guantes de plástico para que os empreguen as persoas que se acheguen a facer a compra. Tamén se colocaron 35 carteis informativos.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …