«ValdoAntídotos» contra o coronavirus

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, vén de poñer en marcha «ValdoAntídotos» contra o coronavirus. Un proxecto que amadriña a escritora local Rosa Aneiros dirixido aos nenos e nenas e rapaces e rapazas do municipio. Con el, preténdese combater a segunda pandemia derivada do COVID-19, a pandemia da tristeza, o aburrimento e a desesperanza que asola a moitas persoas soas, enfermas ou preocupadas por un futuro incerto.

Para combatila, o Concello quere pedir a axuda da veciñanza máis nova e solicítalles que constrúan os seus «ValdoAntídotos».

Pero, ¿que son os «ValdoAntídotos«? Mensaxes de ánimo e esperanza en forma de
contos, debuxos, manualidades, cancións, cartas a amigos/as, reflexións… toda
forma de creación é válida neste proxecto! Feito isto, é preciso compartilo é, para
iso, o Concello propón varias fórmulas: enviar as imaxes, vídeos, escritos… a
través do correo comunicacionconcellovaldovino@gmail.com; do whatsapp 649 34 75 60 ou subilas a redes etiquetando ao Concello (@concellodevaldovino).

Porque como ben sinala Rosa Aneiros «a vida, compartida, é mellor», se
compartirán todos os «ValdoAntídotos» na páxina de facebook do Concello para,
así, combater entre todos e todas o coronavirus.

Un proxecto contra a desesperanza no que tamén colaboran o CPI Atios, as escola
unitarias do CRA O Esquío, a Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia e o
Océano Surf Museo e que, sen dúbida, espera continuar sumando apoios.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …