O Concello de Narón habilita un servizo de atención telefónica dirixido ás persoas maiores da cidade que viven soas

Fot. arch.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou a entrada en funcionamento, este luns, dun novo servizo dirixido á cidadanía para a atención telefónica a persoas maiores do termo municipal que viven soas.

Trátase dun servizo máis que dende onte estamos ofrecendo ás nosas veciñas e veciños, a partir de 75 anos, e que recibirán unha chamada de persoal do Concello para saber como se atopan e se precisan algún tipo de axuda que dende o Concello lles poidamos ofrecer”, explicou Ferreiro.

Ao longo de cada mañá, un equipo integrado por persoal funcionario do Concello encárgase de realizar as chamadas telefónicas seguindo un listado e do que forman parte as persoas maiores da zona urbana e rural maiores de 75 anos e que viven soas. “Ao contactar con estas persoas, a maiores de interesarse polo seu estado de saúde e posibles necesidades, o persoal informa á veciñanza sobre outros servizos disponibles no Concello tras decretarse o estado de alarma”, apuntou a rexedora local. Entre estes últimos están o dos voluntarios de Protección Civil que ofrecen axuda para realizar a compra de alimentos e medicamentos e levalos ao domicilio, o de comedor do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña e tamén outros como a habilitación de vales para alimentos ou a entrega de cubrebocas a domicilio.

Ferreiro explicou que este servizo de atención telefónica estará operativo mentres estea en vigor o estado de alarma e subliñou que unha das finalidades do mesmo é “ofrecer unha atención máis persoalizada a un colectivo que consideramos que nestes momentos pode precisar unha atención específica e que podemos ofrecer dende o Concello para axudarlle a cubrir as súas posibles necesidades en materia de alimentación e poñendo tamén á súa disposición equipamento sanitario que poderían precisar, como neste caso os cubrebocas”.

 

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …