Coronavirus-O Concello de Narón avanza na habilitación de novos espazos destinados ao paseo e a práctica deportiva

O Concello de Narón continúa traballando nas medidas a aplicar nas fases de desescalada da crise do coronavirus. Así o recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que indicou que “dispoñemos dun plan de mobilidade sobre o que estamos traballando en función da actual situación xeral e seguimos avanzando de cara a priorizar o espazo para os peatóns na medida do posible e en todo momento, tal e como se fixo tras decretarse o estado de alarma, ofrecendo todas as garantías sanitarias ás nosas veciñas e veciños, así como aos traballadores e traballadoras que se mantiveron operativos dende mediados do pasado mes de marzo”.

A rexedora local explicou ao respecto que “estamos traballando de cara á apertura de espazos e realizar algún cambio de dirección viaria para ofrecer máis zonas de paseo ou para a práctica de deporte á veciñanza e que a medida que se concreten se irán materializando”. A maiores, recalcou que “según vaiamos avanzando nas sucesivas fases da desescalada poremos a disposición da cidadanía os servizos e equipamentos que sexan posibles atendendo ás indicacións que vaian ofrecendo as autoridades competentes na materia”.

A alcaldesa incidiu en que “a nosa cidade dispón tanto na zona urbana como na rural de espazos para que a veciñanza poida saír a pasear ou realizar deporte ao aire libre tanto na zona urbana como na rural, cumprindo todas as garantías sanitarias que corresponden en materia de prevención e que debe acatar a poboación porque todas e todos nós xogamos un papel fundamental na prevención da Covid-19, tendo liberdade á hora de decidir se saír ou non ou a que hora facelo en función das establecidas oficialmente”

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …

Un comentario

  1. Esa medida é do bng e cun informe bastante máis detallado e completo, lino nas súas redes. Polo menos deberían agradecelo