O Concello de Narón entregou 2.000 mascarillas aos centros de saúde da cidade para repartir entre os pacientes

Fot. arch.

O Concello de Narón entregou un total de 2.000 mascarillas quirúrxicas para repartir entre os pacientes que acuden ás súas citas nos centros de saúde do termo municipal, localizados no Alto, no Val e en Pedroso. “Ás mil catrocentas unidades que entregamos para que se repartisen entre a veciñanza a través dos tres centros de saúde da cidade súmanse outras 600 que se entregaron o pasado día 4 de maio, para colaborar ante esta crise sanitaria en materia de prevención da propagación do coronavirus”, indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro.

As anteriores entregas de mascarillas para o centro de saúde realizáronse os días 22 de abril, cun total de 1.000 unidades e o 24 de abril, con outras 400 unidades, tal e como recordou Ferreiro.

Dende o Concello de Narón tamén se reparten entre a veciñanza as 6.000 mascarillas que a alcaldesa recolleu da man da subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López. Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón reparten esas mascarillas entre usuarias e usuarios de servizos de transporte.

O Concello continúa ademais co servizo de entrega a domicilio de cubrebocas realizados por veciñas e veciños do municipio con material doado e que entrega persoal voluntario coordinado polo equipo de Protección Civil de Narón.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …