O Padroado da Cultura de Narón reembolsará a partir deste luns o importe das entradas dos espectáculos cancelados

 

A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, asegurou que se está traballando para tratar de manter a celebración dos espectáculos culturais programados dende o citado organismo para este ano. “No caso de que non se poidan manter na carteleira da programación procederemos a realizar as cancelacións dos mesmos, devolvendo aos espectadores que adquirisen as entradas o importe das mesmas do mesmo xeito no que se realizou o abono, por pasarela, con reembolso na propia conta dende a que se abonaron ou a través da billeteira do Pazo, en efectivo ou con tarxeta bancaria”, explicou. As devolucións poderán solicitarse a partir deste luns, día 11, en horario de 9.30 a 13.30, solicitando cita previa a través do número de teléfono 981 102 897.

Ferreiro informou que na actualidade xa está confirmado o aprazamento de catro espectáculos: “Unha noite na praia”, con Xosé Antonio Touriñan e Carlos Blanco; “Señor Ruiseñor”, de Els Joglars; “Sé infiel y no mires con quien” da compañía Pentación Teatro e “Cold Play Kids”, de Tertulia Producción.

As datas nas que se celebrarán os espectáculos aprazados anunciaranse a medida que se vaian concretando, tal e como apuntou a alcaldesa, que avanzou que tamén se anunciarán outras novas propostas para a vindeira tempada no Pazo da Cultura.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …