Día das Letras Galegas

Julia Mª Dopico Vale

Como cada 17 de maio e dende 1963 celebramos en Galicia- e fora dela- o Día das Letras Galegas, data instituida pola Real Academia Galega para homenaxear ás persoas que destacan pola sua creación literaria e na defensa da nosa lingua. Este ano o elexido é o ferrolá Ricardo Carvalho Calero, unha das figuras mais sobranceiras do século XX , destacado historiador, crítico, filólogo e escritor que cultiva a narrativa, a poesía ( o xénero co que se sentiu máis identificado), o teatro, o ensaio….nunha vida adicada a dignificar o idioma e a cultura galegas a través dunha traxectoria vencellada á historia do galeguismo articulado nos tempos estudiantís en Compostela arredor do Seminario de Estudos Galegos, participando despois na redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia, publicando en “A Nosa Terra”, “Grial” ou o xornal “La Noche” ao que se engade o compromiso coa “Editorial Galaxia”, coa Real Academia
ou como primer catedrático de lingüística e literatura galegas.

Reivindicado para esta homenaxe dende fai anos pola intelectualidade ferrolá, Calero entra xa na lista dos grandes literatos de Galicia, xunto á nosa insigne Rosalía, Castelao, Pondal, Curros, Cunqueiro, Dieste ou Manuel María sin que, paradóxicamente, a súa vila natal poida celebrar a data por mor da pandemia que nos toca vivir neste 2020; de feito a Real Academia nunha medida sin precedentes, decidiu pospoñer para o mes de outubro o pleno extraordinario que se celebra nesta data, así como os actos adicados á figura homenaxeada.

Para todos nós o 17 de maio é data de conmemoración colectiva, día importante para esta terra que é singularmente, terra de poetas. Recordamos así a Carvalho Calero a través das posibilidades que nos ofrece o mundo dixital e dende o Concello de Ferrol nun acto íntimo que terá lugar no Pazo Municipal da Praza de Armas á espera de poder facelo como se merece.

 

Lea también

La política es ondulante

Gabriel Elorriaga F. En unas cercanas declaraciones, Cayetana Álvarez de Toledo decía que “la política, como la …