O BNG pide ao pleno que esixa a Xunta unha solución para o persoal de Noa Madera

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, apoiando aos traballadores de Noa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción ao pleno de Ferrol na que piden que a corporación municipal manifeste o seu apoio ao cadro de persoal de Noa Madeira Creativa e na que esixe á Xunta de Galiza que «se manifeste a favor do mantemento das condicións laborais, da conservación dos postos de traballo en Noa Madera Creativa e da readmisión dos despedimentos e que impulse para tal efecto unha mesa de traballo conxunta de todas as partes para mediar no conflito«. Así mesmo pedrirán que o Pleno de Ferrol solicíte á dirección da empresa a retirada do ERE e do ERTE presentado e a readmisión dos/as traballadoras despedidas.

O BNG que convidou aos traballadores a participar no pleno municipal lembra na súa iniciativa que o Grupo Malasa «vén de consumar preto de 70 despedimentos e un expediente de regulación temporal de emprego de 15 meses en Noa Madera Creativa que afecta a case un centenar de persoas«.

O grupo empresarial ao que pertence esta empresa situada na nosa comarca alega «para xustificar esta desfeita son de todo tipo, desde económicas a organizativas, pero en ningún momento desde que se iniciaron as negociacións deste ERE e ERTE, foron quen de demostrar os seus argumentos«.

Moitas das iniciativas tomadas para prescindir de grande parte do cadro de persoal fixéronse aproveitando a situación de pandemia e estado de alarma «que limitou en grande medida a capacidade e lexítimo dereito á mobilización do seu cadro de persoal. Á gravidade dos despedimentos e do momento tan delicado que escolleron para facelo significa un duro golpe para o emprego na localidade de Fene e por extensión na nosa comarca«.

Desde o BNG creen que «non deben permanecer impasíbeis á vista desta situación, debemos evitar que sigamos a perder postos de traballo ou se continuen a precarizar as condicións laborais do cadro de persoal. A estratexia da dirección do Grupo Malasa, como denuncia o cadro de persoal, é desmantelar unha empresa viable e que, para iso, conta cun aliado nas contrarreformas laborais en vigor, pois facilitan estas prácticas porque abaratan o despido e recortan dereitos laborais. Ademais de contar coa permisividade da Xunta de Galiza que segue estando ausente e segue sen contar cunha folla de ruta para a defensa do sector industrial do país«.

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …

Un comentario

  1. Ya, ya… lo sabemos: los del bloque ya no saben si son una organización, un lobby, un sindicato o qué, sólo que tiene que ser en gallego y de izquierdas.

    ¿De verdad que no se cansan nunca?