O BNG pide que o Concello convoque as subvencións en Cultura e Deportes

Iván Rivas y María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción ao pleno do vindeiro xoves na que piden à convocatoria das subvencións de concorrencia competitiva de Deportes e Cultura cunha dotación económica «que como mínimo inclúa a suma das previsións orzamentarias dos anos 2019 e 2020 e que as bases se adapten para que contemplen a situación derivada da crise da covid-19«.

O BNG lembra na súa iniciativa que a situación excepcional provocada pola crise da covid-19 está a provocar múltiples situacións no tecido social da cidade que teñen que facer fronte a unha situación inédita en todos os ámbitos.

Así mesmo indican que o tecido asociativo da cidade non vive alleo a esta nova situación polo que o Concello «debería tamén ter en conta esta nova exepecionalidade e tomar medidas para contribuir a superar esta situación a que se virón abocadas entidades do mundo cultural e deportivo de base na nosa cidade«.

Para o BNG cómpre destacar que, por riba, o Concello de Ferrol ten sen convocar, desde o ano pasado, as subvencións de concorrencia competitiva en materia de Cultura e Deportes, «mentres que as nominativas do ano pasado si que foran aprobadas provocando unha discriminación entre unhas entidades e outras«.

Lea también

La Policía de Ferrol detiene a un hombre con más de 200 gramos de hachís

La Policía Local de Ferrol detuvo en la madrugada de este miércoles a un hombre …