Este luns, corte ao tráfico do vial da avenida de Santa Icía, en Narón

 O Concello de Narón cortará este luns ao tráfico rodado un carril de circulación da avenida de Santa Icía, na Solaina, debido á necesidade de executar na zona traballos de reposición dun tramo danado da rede de saneamento. O corte será efectivo a partir das 8.00 horas e ata que a empresa remate os traballos proxectados para reparar a rede.

O carril que se cortará, tal e como indicou o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, é o que vai dende A Solaina ata o cruce da Ferrolana e o tráfico rodado desviarase pola rúa Pai Sarmiento.

A reapertura do citado tramo de vial levarase a cabo en canto rematen os traballos pendientes de realizar, solicitándose dende o Concello desculpas de antemán polas molestias que poida ocasionar esta medida.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …