Políticos e funcionarios de Narón entregan produtos ao Centro de Recursos

Persoal funcionario e representantes políticos da corporación local de Narón participaron nunha iniciativa impulsada tras decretarse o estado de alarma co fin de recadar fondos para axudar ás persoas que están atravesando dificultades económicas e precisan axuda do Centro de Recursos Solidarios para dispoñer de alimentos básicos e produtos de limpeza e hixiene.

Na mañá deste mércores realizouse a primeira das entregas de material nas citadas
instalacións, dende donde se repartirá entre o centenar de familias da cidade que
 reciben atención dende o Centro de Recursos Solidarios. En conxunto recadáronse uns 40.000 euros, unha contía que permitirá abastecer nos vindeiros meses ao Centro de Recursos dunha serie de produtos para axudar ás persoas que máis o precisan nestes momentos.

César Bouza, representante da Xunta de Persoal do Concello de Narón, desprazouse  na mañá deste mércores ás citadas instalacións, ubicadas no polígono da Gándara, para realizar a entrega dos produtos adquiridos nesta primeira compra: alimentos, artículos de hixiene e de limpeza. Bouza recordou que é a Xunta de Persoal a que canaliza estas axudas a través dunha iniciativa “que xurdiu entre varios compañeiros e compañeiras a raíz da pandemia, como unha mostra de solidariedade coas veciñas e veciños de Narón”.

As doazóns económicas realizaranse durante un período de seis meses –de xuño a decembro-, detraendo da nómina do persoal funcionario e político que se acolleu a esta iniciativa a contía que en cada caso consideraron oportuna a título individual. “Quero agradecer especialmente a gran implicación do persoal do Concello de Narón nesta iniciativa, que xurdiu con motivo da Covid-19 e que obtivo unha gran resposta”, asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro. A rexedora local incidiu en que “a través das aportacións realizadas poderemos colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón, comprando en cada momento aqueles produtos que rexistran unha maior demanda entre a xente que está atravesando momentos complicados e aos que na medida dasposibilidades de cada caso podemos axudar”.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …