Presentado no Concello de Narón»Noites á fresca» (7 e 8 de agosto)

Presentado no Concello de Narón»Noites á fresca», unha nova proposta de lecer
que ten por obxecto desenvolver proxectos culturais de calidade en espazos de interese patrimonial e turístico.

Esta primeira edición constará de dúas noites de música en directo arroupados pola magnolia centenaria de Xuvia, en Narón, sen dúbida un dos máis importantes emblemas naturais do Concello, árbore protexida no ordenamento municipal que, segundo algunhas fontes, pode ser a máis antiga de Galicia.

A concelleira de Festas e Turismo, Natalia Hermida, suliñou que esta nova proposta de lecer ten por obxectivo consolidarse como unha proposta atractiva de ocio de verán nun entorno urbano singular.

O evento desenvolverase en dúas xornadas. O venres 7 de agosto ás 22.00 horas terá lugar a actuación do grupo `Eladio y los seres queridos`. Cancións con melodías e retrousos de perfecta factura e letras de Eladio Santos que escribe actualizando con brillantez canons clásicos desde a naturalidade e a frescura. Temas que van desde o pop máis clásico a sons máis indies e rock pasando polo folk ata a canción de autor. Gañadores do Premio Martín Códax dá Música Galega a Mellor Grupo Indie/Pop en 2013 e 2018 e Premio MIN da Música Independente 2017 a Mellor álbum en galego por Cantares (2016).

O sábado 8 de agosto actuará `Faltriqueira´, un proxecto vocal con máis de 20 anos pisando os principais escenarios da world music, que renace a unha nove realidade e presenta novo repertorio. Novas melodías, novos ritmos e novas fronteiras que atravesar. O grupo ofreceu concertos tanto na Península Ibérica, como en lugares tan exóticos como nas illas Bermudas ou Namibia, e gañaron tamén o recoñecemento do público en festivais como o Etnofestival de San Marino, Rock in Río en Lisboa, o Fórum das Culturas en Barcelona e o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, participaron así mesmo na XV Edición do Festival Perc Pan de Brasil, con actuacións nos máis importantes teatros de Río de Janeiro e Salvador de Bahía, acadando unha grande acollida.

Hermida recordou que as entradas estarán dispoñibles a partir das 10.00 horas do luns 3 de agosto na plataforma dixital Ataquilla.com ate completar o aforo. O público que dispoña de entrada deberá estar no día e hora do evento 20 minutos antes do inicio. Así mesmo, o público asistente deberá seguir en todo momento as normas de seguridade fixadas pola organización, tanto da cartelería informativa como as indicacións do persoal.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …