A alcaldesa de Narón recibiu no Concello ás representantes da Asociación Bolboretas no Ceo Norte,

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañada polo edil de Sanidade, Santiago Galego, recibiu ás representantes dunha nova entidade constituida na cidade o pasado mes de maio, a Asociación Bolboretas no Ceo Norte.

A presidenta da entidade, Almudena Rodríguez, e a vicepresidenta, Beatriz Brage, acudiron á xuntanza na que explicaron a Ferreiro os obxectivos da asociación que ten como base o apoio ás familias que perderon aos seus fillos e fillas durante a xestación ou ao pouco de nacer. Asi mesmo manifestaron a intención de impulsar accións no municipio naronés que incluirán labores de acompañamento e apoio psicolóxico, e un traballo de concienciación e visibilización das circunstancias en que se atopan aquelas persoas afectadas directamente por estas perdas.

A alcaldesa felicitou ás representantes da Asociación Bolboretas no Ceo Norte pola labor social que inician no Concello de Narón e que redundará en beneficio das persoas que o precisen e contribuirá a sensibilizar á sociedade en xeral nestes temas tan importantes na vida da comunidade. Ferreiro manifestou o apoio do Concello á hora de programar actividades dirixidas á cidadanía.

Pola súa parte, o concelleiro de Sanidade desexou unha satisfactoria actividade e agradeceu o bo traballo que sen dúbida desenvolverán no municipio.

As persoas interesadas en contactar coa asociación poden facelo a través do
correo electrónico: bolboretasnoceonorte@gmail.com ou a través das páxinas da entidade nas plataformas de Facebook e Instagram a través de @bolboretasnoceonorte

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …