Nova sesión de cinema de verán este xoves na pista polideportiva do Roxal, en Neda, coa proxección de “A Galiña Turuleca”

O Concello de Neda convida a nenos/as e maiores a disfrutar dunha nova sesión do mellor cine ao aire libre este xoves. Na pista polideportiva do Roxal proxectarase o filme de animación “A Galiña Turuleca” a partir das 22 horas, unha actividade incluída na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

A entrada é gratuíta, pero require de reserva anticipada de entrada. Debe solicitarse na Casa da Cultura de 10 a 14 horas ata o mesmo xoves ou chamando no mesmo horario ao teléfono 981 39 02 33. A reserva debe realizala unha persoa adulta e aportar nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.

O Concello tentará agrupar ás familias e tamén aos grupos de amizades de cara a
optimizar un espazo que se verá mermado polas distancias sociais que se precisan
gardar.

Así mesmo, o día da sesión as persoas deben acudir cunha antelación mínima de
10 minutos antes do inicio da proxección para acomodar espazos.

Lea también

Ortigueira cerca de retener la inversión de 759.658 euros para el albergue y la reforma de O Murito

«A pesar de la petición del Estado de renunciar al dinero», tras la aprobación en …