Este mércores a UPG conmemora en Ferrol o 45 aniversario da morte de Moncho Reboiras

O 12 de agosto de cada ano a Unión do Povo Galego (UPG) conmemora o aniversario da morte en 1975 do seu militante Xosé Ramón Reboiras Noia por disparos da Policía Armada nun portal da Rúa da Terra, en Ferrol.

«Tiña 25 anos cando a vida lle foi arrebatada, mais desde os 19 anos en que ingresou na UPG desenvolveu un labor esencial na loita política, no combate ideolóxico, na axitación e, especialmente na autoorganización do povo galego: no campo cultural, participando activamente e impulsando a fundación da Frente Cultural Galega, no seu papel na fundación da Asociación Cultural O Castro e da revista Des.parafuso, así como na actividade na Asociación Cultural de Vigo. Operario nos estaleiros de Barreras, en Cerámicas Álvarez, máis tarde en Astano e despois en Intelsa, na Coruña, foi peza fundamental na constitución do Sindicato Obreiro Galego, antecedente do hoxe vizoso sindicalismo nacionalista de clase.

Organizador das primeiras células de ERGA nos centros de ensino da Coruña. Membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, naquel momento clandestina, para a que traballou incansabelmente co obxectivo de a dotar de medios e infraestruturas que permitisen máis capacidade na loita política por un futuro de liberdade e soberanía para a nosa Patria». sinala nun comunicado a UPG.

Varios actos

(Foto arq: Galicia Ártabra).

Este mércores cando se cumpren 45 anos da sua morte a UPG organiza una serie de actos, ademais da ofrenda floral ante o portal do número 27 da Rúa da Terra.

Ás 17.00 h. Estrea do documental «Reboiras. Acción e Corazón» no Cinema Duplex, Travesía Moreno, 3.

Ás 19:30 h. Intervencións Políticas no Cantón. Participan Iria Carreira, Secretariado da UMG e Deputada no Parlamento Galego; Ramón Fernández Alfonzo «Mon«, Deputado no Parlamento Galego; e Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG e Deputado no Congreso.
Contarase coa actuación musical de Oscar Fojo.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …