O Concello de Narón modifica a ordenanza reguladora da taxa por utilización de instalacións deportivas ante a situación derivada da Covid

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu na mañá deste  mércores o pleno extraordinario no que se aprobou a modificación da ordenanza fiscal nº 13, reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas. A medida lévase a cabo para avanzar cara á nova normalidade debido á situación provocada pola Covid-19 e, en concreto, atendendo ás súas repercusións no eido deportivo.

O concelleiro de Facenda, Román Romero, explicou que as modificacións aprobadas permitirán incluír aspectos que non estaban incluídos na ordenanza e que farán posible adaptala á actual situación. Entre os cambios figura, tal e como indicou, a inclusión dunha modalidade de pago proporcional para permitir aumentar ou diminuír, según o caso, o número de sesións para determinadas actividades. Así mesmo, reduciranse algunhas tarifas para paliar “os efectos adversos que a nova normalidade ocasiona a clubs e entidades deportivas no desenvolvemento das actividades que levan a cabo nas instalacións municipais”. Eses efectos, tal e como figura no pertinente informe, implican cambios e limitación no número de deportistas que poden acceder ás instalacións, restricións sobre o uso de duchas e vestiarios, do tempo de uso autorizado das instalacións… para minimizar posibles riscos de contaxio do coronavirus entre as usuarias e usuarios das instalacións deportivas municipais.

Finalmente a alcaldesa explicou que esta modificación se realizou “para que poida entrar en vigor o antes posible, adiantándonos aos avances nesta situación de nova normalidade” e recalcou que “dende o goberno local estamos tamén traballando nunha nova ordenanza que contará coas achegas de clubs e outras entidades deportivas”.

 

A nova ordenanza entrará en vigor ao día seguinte de publicarse no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.

A postura do BNG

Pola súa parte o grupo municipal do BNG de Narón reclamou en palabras do seu concelleiro titular da comisión de facenda, Geno Carballeiramáis democracia e posibilidades para as entidades e veciñanza de Narón”. O grupo do BNG pide que se modifique o regulamento para que se poida acceder as instalacións deportivas e usos de maneira que se garante as entidades de Narón que non se pague por elas en exceso ou se manteña igual cantidade que para outras que o fan con fins de lucro “temos o exemplo do «Campo da Serra» que ten un prezo taxado de 1700 euros e se lle cobra o mesmo á AVV que se viñera David Bisbal, non ten sentido” .

O BNH sinala que desde o goberno defendeuse que as entidades sen ánimo de lucro non se lles soe cobrar sempre que poñan que organiza o concello pero desde o BNG reclaman que estea escrito “para saber en que casos se dá e non dependa de amizades ou doutras tretas ou que simplemente teña que aparecer que organiza o concello cando en realidade non sor ser así. As entidades e asociacións non están para facer actividades para o goberno se non no que consideren e deben facelo con garantías e cunha ordenanza clara e por escrito” argumentou Geno Carballeira. Por este motivo non votaron a favor do único punto do pleno extraordinario.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …