O Concello acóllese á convocatoria de subvencións autonómicas destinadas á promoción do uso do galego para manter e reforzar o servizo de normalización lingüística

Fot. Concello

O Concello de Ferrol acolleuse á convocatoria deste ano de subvencións autonómicas ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. Así o explicou esta mañá a concelleira de Muller, Igualdade, Xuventude, Minorías Étnicas e Normalización Lingüística, Cristina Prados, na reunión da Comisión Informativa de Participación Cidadá celebrada esta mañá no salón de plenos do pazo municipal. Estas axudas, convocadas en réxime de concorrencia competitiva pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, están destinadas a fomentar a prestación dos servizos de normalización lingüística e á apoiar a organización de desenvolvemento de campañas nese eido.

Segundo avanzou Prados, Ferrol tramitou a solicitude, por un importe de 46.291,11 euros, dentro da modalidade de mantemento ou reforzamento do servizo de normalización coa intención de obter axudas de cara ao propio mantemento do servizo e ao financiamento de actividades coma o Certame Literario Carmela Loureiro, o proxecto En galego sen filtro ou a conmemoración do Día de Rosalía de Castro.

A edil tamén informou dos detalles do espectáculo que ofrecerá o grupo Mamá Cabra o próximo sábado na praza de Armas dentro da programación de festas. Cristina Prados explicou que esta actuación forma parte das actividades organizadas ao abeiro do Programa Apego 2020 e que ten como obxectivo fomentar e mellorar a transmisión da lingua galega no ámbito familiar.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …

Un comentario

  1. Sabiendo que es ilegal ¿se ha planteado el nuevo alcalde derogar la normativa municipal que excluye el idioma común de todos los documentos oficiales?

    Resulta chocante que se den prisa para trincar paguica de la Xunta con esto de la «promoción del galego», pero sigamos siendo el único concello que prohibe, expresamente, el uso del castellano como lengua oficial.

    Si lo de la ayuda de la xunta es para alguna mariscada de la corporación, hasta casi me parece bien a estas alturas… pero para seguir engordando la monumental estaf «da lingoa nai»…. vale ya. Que la gente está en el paro, en ertes o en negocios pendientes de un hilo… como para andar tirando NUESTRO dinero en tontás.