As Pontes acolleu o Campionato Galego de Vela Vaurien

Pablo Cabello e Mario Pérez no podio | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Esta fin de semana celebrouse no Lago de As Pontes o Campionato Galego de Vela na clase Vaurien, asimesmo, vixéximo primeira Regata Vila de As Pontes.

Ó longo de tres días unha trintena de regatistas procedentes de Vigo, Cangas, A Guarda, Ares, do equipo local Clube de Vela Fluvial As Pontes, e incluso embarcacións chegadas dende Castela León e Cantabria disputaron seis mangas.

Os vencedores absolutos resultaron Pablo Cabello e Mario Pérez, do Real Club Náutico de Vigo, bronce no pasado Mundial de Italia 2019. Pablo ademáis fora Campión en Polonia 2017, plata en Uruguay 2004 e bronce en Portugal 2008.

Ao segundo escalón do podio subiron Nacho Campos e Yolanda Bastos, do Alagua de A Guardia, mentres que o terceiro caixón ocuparono Laura Llópiz, seis veces Campiona do Mundo, cinco femenina, Eslovaquia 2010, Alemaña 2011, Francia 2012, Sanxenxo 2013, Italia 2019, e tamén campiona en mixto e subcampiona absoluta en terras xermanas en 2018 xunto a Tone Pérez, regatista que tamén fora prata en Portugal 2016 e bronce en Holanda 2015.

Nas categorías tanto xuvenil coma feminina, dobrete das irmáns Paula e Paloma González, do RCN de Vigo, Campionas do Mundial Xuvenil de Alemania 2018.

Acompañaronas no podio, respectivamente, no feminino, dúas embarcacións locais, a de Marta Torres e María Lefler, segundas, e Ana Torres e Carla Pérez, terceiras, mentres que no Xuvenil, prata foron Pedro Fernández e Carolina Iglesias (RCN Canido) e bronce os locais Javier Martínez e Nano Torres.

Estiveron presentes na entrega de trofeos os concelleiros Elena López e Vicente Roca, e Nacho Campos, da Federación Galega de Vela.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …