O BNG traslada á Ministra de Política Territorial «as necesidades da cidade»

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol trasladou esta mañá a Ministra de Política Territorial a necesidade de mudar e reformar o sistema de financiamento local «dotando de máis recursos económicos aos concellos» e manifestoulle a súa oposición a intención do goberno do Estado de «apropiarse do superavit municipal en vez de permitirlle aos concellos poder utilizalo«.

O Goberno Central «quere dispor dos aforros municipais para financiarse en lugar de achegar fondos do Estado aos concellos para a reactivación económica e social das nosas cidades«.

Asi mesmo desde o BNG se trasladou á representante do Goberno do Estado que independentemente de que se teña que acometer unha reforma do sistema de financiamento local «a nosa cidade non pode agardar máis polo estabelecento dunha compensación económica que palie o déficit estrutural de ingresos que ten a nosa cidade provocado pola ocupación de máis do 20% do solo urbano da cidade polo Ministerio de Defensa o que fai urxente que se estabelezca esta compensación económica ao Concello por está ocupación«.

Xa por último desde o BNG trasladouse a necesidade urxente de dotar de carga de traballo aos estaleiros da ría de Ferrol e por ampliar o mercado de Navantia tamén á construcción naval civil «e non só limitar a súa actividade ao mercado militar«.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …