A alcaldesa desprazouse ao complexo polideportivo da Gándara para coordinar as próximas actividades nas instalacións

 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse ás instalacións do complexo polideportivo municipal da Gándara con motivo do próximo inicio do curso deportivo e para coordinar as medidas do protocolo autonómico para os grupos de risco que utilizan estas instalacións. A rexedora local estivo acompañada polo edil de Deportes, José Oreona, e persoal do citado complexo polideportivo, ante o reinicio, previsto para o vindeiro 1 de outubro, dos cursos de Natación para bebés, Pilates, Ioga e Ximnasia de mantemento e tamén a reapertura da sala de musculación. Uns días máis
tarde, concretamente o 8 de outubro, está previsto o inicio dos de Natación infantil (3 a 14 anos) e Natación de adultos, tal e como recordou Ferreiro. “Con motivo das medidas establecidas de prevención da Covid-19 e para gañar espazo nas instalacións, sacáronse as taquillas dos vestiarios, recolocándose as que poden utilizar as usuarias e usuarios na zona de duchas do vestiario, un espazo no que polo momento non se utilizan esas duchas e que se decidiu habilitar para instalar as taquillas”, indicou Ferreiro.

A alcaldesa visitou tamén a zona ampliada do ximnasio das instalacións, donde o goberno local investiu unha partida duns 6.000 euros. “Con cargo a esta obra, gañamos un espazo importante recuperando un área que estaba reservada para almacén pero que non se estaba utilizando, co que agora ao aumentar o ximnasio terá unha maior capacidade, limitada coas restricións precisas para cumprir cos protocolos de seguridade específicos derivados desta situación sanitaria”, explicou.
A piscina municipal da Gándara reabriu o vaso grande para baño libre o pasado mes de xuño con cita previa e paulatinamente iranse aumentando os en canto sexa posible garantindo a seguridade tanto do persoal das instalacións como das usuarias e usuarios, ao igual que se fará coa piscina terapéutica, que abrirá na modalidade libre previsiblemente o 1 de outubro e donde posteriormente se retomarán os cursos que se impartían nela”, indicou a alcaldesa.

Dende o Concello continuamos traballando para restablecer os servizos que se ofrecen no complexo polideportivo da Gándara a medida que a situación sanitaria o permite, seguindo os protocolos establecidos para que as persoas que acuden ás instalacións dispoñan de todas as garantías establecidas polas autoridades sanitarias”, subliñou a alcaldesa.

Lea también

Narón-Entrega dos premios do “Concurso de imaxes pola igualdade para escolares”

Marcos Díaz, Raúl Díaz, Manuela López, Estela Gulias, Yaiza Amenedo e Elías Fontao, e alumnos …