A alcaldesa de Narón visitou as obras de mellora de accesibilidade da rúa Mugardos

 A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse á rúa Mugardos xunto ao concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, para ver o avance das obras de mellora de accesibilidade na rúa Mugardos, na Gándara, actualmente en execución e cofinanciadas pola administración provincial. A intervención orzamentouse en 102.000 euros e entre as melloras de accesibilidade inclúese a ampliación do ancho das beirarrúas para garantir un itinerario peonil acorde á normativa vixente, tal e como indicou Ferreiro.

A rúa Mugardos discurre paralela á estrada da Trincheira e ten dous sentidos de circulación, estando conectada coa citada estrada e coa rúa Ferrol. “Trátase dun vial no que algunhas rampas e desniveis dificultaban o paso a persoas con mobilidade reducida, polo que se procedeu a derruí as anteriores beirarrúas para executar as novas, que xa se poden ver en gran parte do tramo, aplicando criterios de accesibilidade para repoñer de novo o aglomerado a cota coas beirarrúas tal e como figuraba no proxecto desta intervención”, explicou a alcaldesa.

“Ao igual que fixemos noutras actuacións similares, co fin de abaratar custes, aproveitouse a obras para instalar canalizacións soterradas de determinados servizos, como o alumeado”, apuntou. Os traballos inclúen ademais a recolocación de sumidoiros e a habilitación de prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e de pasos de peatóns coa súa correspondente sinalización.

Dende o grupo de goberno continuamos traballando para facer desta cidade un Narón máis accesible, centrando unha parte importante do apartado de investimentos municipais a esta área”, recalcou Ferreiro. Ao respecto, a rexedora local recordou que “este mesmo ano, licitáronse traballos de mellora de accesibilidade tamén na rúa da Paz, no Alto, e en edificios municipais, como o Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e tamén se continuaron os traballos da segunda fase de mellora de accesibilidade nas Vivendas da Marina, actuacións que en conxunto se licitaron en case 570.000 euros”.

Ferreiro avanzou que “unha vez executadas todas estas obras continuaremos avanzando en materia de accesibilidade, tanto de espazos como edificios públicos da nosa cidade, que co paso do tempo xa está sendo máis accesible grazas a intervencións xa en marcha e a outros proxectos futuros”.

Lea también

Un conductor avisa a través del sistema ecall de que sufrió un accidente al quedar dormido, en Narón

Sobre las seis de la mañana de este jueves se registró un accidente de tráfico …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *