O BNG esixe ao goberno local que «deixe de mirar para outro lado» co saneamento da cidade

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

Desde o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixen ao goberno local que «deixe de mirar para outro lado» respecto do problema do sistema de depuración da cidade e «resolva aquelas cuestións que están afectando directamente aos ferroláns e ferrolás«. Para o BNG é hora que o goberno local «priorice os intereses dos veciños e veciñas de Ferrol frente os intereses de Emafesa«. O alcalde de Ferrol «debe mudar a súa prioridade que ten que deixar se ser o saneamento financeiro da empresa para pasar a ser a mellora do servizo e a redución dos custos que actualmente se están a cargar sobre os veciños e veciñas da cidade cunha taxa desorbitada«.

O goberno local segue «sen esixir responsabilidades a Xunta por entregar unha depuradora defectuosa en 2015 e sen pedirlle que asuma os custes da sua reparación, segue sen esixir ao Estado que pague a parte que lle corresponde da construción da infraestrutura e na que non puxo un só euro, segue sen anular a taxa sobredimensionada que incorpora importes por traballos que non se fixeron pero que si lle está a cobrar aos veciños e veciñas como o saneamento do rural e segue sen resolver os centos de recursos presentados polos veciños e veciñas ou tramitados polo BNG fronte a estes recibos e a taxa. Segue a permitir que Emafesa emita recibos de depuración sobre a base dun protocolo de execución concertada que caducou en 2016 e sen xustificar«.

Todo isto supón «un desproposito que o goberno local pretende ocultar facendo de cobrador de Emafesa diante doutros concellos cómplices deste dislate co obxectivo pioritario de sanear a empresa mentres non moven un dedo para poñerse do lado dos ferroláns que estan a asumir constantemente os excesivos importes derivados do sistema de depuración«.

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …