En Narón-A alcaldesa e o edil de Facenda avanzan na elaboración dos orzamentos municipais de 2021

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Facenda, Román Romero, mantiveron na mañá deste xoves unha xuntanza para continuar avanzando na elaboración do documento contable correspondente ao vindeiro ano. Ferreiro incidiu en que “serán uns orzamentos nos que, debido á actual situación da crise sanitaria na que nos atopamos e á incertidume dos vindeiros meses, estarán centrados na atención das necesidades derivadas da aplicación das correspondentes medidas preventivas desta pandemia e de atención aos colectivos máis vulnerables”.

A rexedora local asegurou que “están perfiladas as partidas que se reservan para cada unha das áreas de goberno, a falta de pechalos definitivamente, para poder sometelos á maior brevidade a aprobación plenaria e que poidan entrar en vigor coincidindo co novo ano, o vindeiro 1 de xaneiro de 2021”. A alcaldesa destacou “o traballo realizado nos últimos meses dende o equipo de goberno para poder sacar adiante este documento, consensuando unha serie de medidas nas que todos coincidimos e que priorizan en todo momento a atención ás persoas, aínda que isto obrigatoriamente supoña unha merma nas posibilidades inversoras para acometer grandes proxectos na nosa cidade”. Aínda así, recordou “seguiremos adiante con importantes actuacións na nosa cidade, como a rehabilitación do muíño de Xuvia, unha obra comprometida coa cidadanía e que será unha das grandes apostas deste mandato en canto á recuperación de parte da historia e do patrimonio de Narón”.

Ferreiro asegurou que “nas vindeiras semanas, unha vez que se perfilen os últimos detalles do documento contable de 2021 poderemos anunciar xa as partidas concretas que marcarán as contas do Concello do vindeiro ano, sendo un dos concellos da comarca nos que tratamos de que cada 1 de xaneiro entre en vigor o correspondente orzamento, facilitando así o labor que se desenvolve dende as administracións locais”.

Lea también

Incendio en la cocina de una vivienda en Xuvia, Narón

Los profesionales de Servicio de Protección, Extinción de Incendios y Salvamento (SPEIS) de Narón sofocaron …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *