«O carallo vinte e nove»

José Fonte Sardiña

A expresión “o carallo vinte e nove” vén dos tempos da Restauración Borbónica (1874- 1931) coa caída da Primeira República (1873-1874), nos que o artigo vinte e nove da Lei electoral de 1907, no reinado de Afonso XIII (1886-1931), sendo presidentes das Cortes Eduardo Dato e do Goberno Antonio Maura, proclamaba electo, sen necesidade de votación ningunha, ao candidato único dun distrito, o que cheiraba a caciquismo, fraude e falta de democracia. A frase estendeuse logo entre o pobo para manifestar dúbida ou desconfianza sobre algo.

Así e todo, en Santiago de Compostela, a carón do número vinte e nove da estreitiña rúa Travesa, que baixa polo flanco esquerdo da igrexa de San Bieito do Campo, ben pretiño da praza de Cervantes, hai unha pedra fita que podería ser do século XVII e ten a forma que se ve na fotografía.

Moitos son os composteláns que a denominan «o Carallo vinte e nove«, talvez pola súa
feitura, quizais pola localización ou, como algúns albiscan, por aquel caciquil artigo da
Lei electoral de 1907. Cadaquén pode pensar o que queira.

Lea también

«Só Elas» en su V Aniversario

Julia M.ª Dopico Vale En abril de 2019 se presentaba ante el público ferrolano la …

Un comentario

  1. Miguelangel Lopez

    E máis recentemente, sonche dous feitosiños vigheses os que lle dan novo pulo ao asunto, poñendo «enLiña» unha tenda retranqueira e un pouco «canhalla». E dígocho porque os coñezo persoalmente e son xente de fiar. Ou non. 😀

    https://ocarallovintenove.com/