O BNG avalía co cadro de persoal da empresa de xardíns as condicións laborais nas que prestan o servizo

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo un encontro no día de onte coa representación sindical da empresa que se encarga do mantemento das zonas verdes e xardíns do Concello «para avaliar a situación na que desenvolven a súa actividade e as pretensións do goberno local de precarizar as condicións laborais deste persoal mediante un novo procedemento de externalización deste servizo municipal«.

Neste encontro, cos traballadores dunha das empresas que na actualidade desenvolven a súa actividade para o Concello de Ferrol a pesar de carecer de contrato en vigor municipais, «serviu para poñer de relevo as deficientes condicións nas que se atopan as instalacións nas que se teñen que cambiar ou do material que empregan para desenvolver a súa actividade«.

Así mesmo dos impedimentos que lles pon a empresa «para actualizar os acordos laborais e económicos co cadro de persoal argumentando unha negativa do goberno municipal polo estado no que se atopa a relación contractual co Concello e as previsións dun novo prego de condicións que servirá de base para unha nova contratación deste servizo«. Estan a falar do impedimento para actualizar a cantidade económica que perciben en concepto do plus de perigosidade ao que poden acceder estes traballadores, unha revisión salarial das súas nóminas, a creación dunha bolsa de emprego ou as gratificacións por permanencia no caso de querer abandonar à empresa.

O BNG considera «preciso«, asi mesmo, «reverter a dinámica implantada ao longo dos últimos anos consistente en contratar externamente servizos municipais que se poderían prestar directamente por persoal municipal e que ademais se demostra que cada vez nos están a custar máis diñeiro e está a supoñer unha precarización destes servizos tal e como acontece co mantemento de zonas verdes, co lixo ou tantos outros«.

Por este motivo desde o BNG queren propoñerlle ao PSOE «que garanta unhas condicións laborais dignas para os traballadores e a prestación deste servizo municipal sen intermediarios xa que a xestión directa do mesmo redundará na mellor prestación deste servizo e que na actualidade carece de contrato«.

Lea también

Ciclo de Aulas temáticas para a promoción da saúde dos maiores na AVV de San Pablo en Ferrol

Están organizadas pola Asociación Cáritas e a Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación …