Neda-O secretario municipal entrega ao presidente do TSXG a publicación coa investigación que o fixo merecedor do XXI premio Manuel Colmeiro

O secretario municipal do Concello de Neda e Doutor en Dereito, Alejandro Antelo Martínez, vén de facer entrega ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, da publicación que recolle o seu traballo de investigación sobre as verbenas populares en Galicia e que o fixo merecedor do XXI premio Manuel Colmeiro, para estudos de investigación sobre o sector público galego.

O presidente do máximo órgano do Poder Xudicial en Galicia, que á súa vez presidiu
o xurado que outorgou o galardón, recibiu un exemplar da publicación deste traballo,
que versa sobre a intervención dos concellos nas festas populares da nosa comunidade tras a aprobación da Lei de Espectáculos Públicos e Actividades de Galicia, vixente desde o mes de decembro do ano 2018.

Tal e como no seu momento se subliñou, a análise de Antelo Martínez, titulada “Las
verbenas populares en Galicia: régimen de intervención municipal”, supón unha extraordinaria achega a un sector cunha significativa importancia social e económica en Galicia, e aporta ideas e avances concretos dos que pode beneficiarse o
conxunto da sociedade galega.

Lea también

Investigado un conductor que sufrió un accidente en Cedeira cuando casi cuadruplicaba la tasa de alcohol

  El Destacamento de Tráfico de la Guardia Civil de Ferrol ha investigado a un …