O Concello de Narón acolleu o acto de entrega de premios do “XI Concurso de Fotografía» ”

A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, entregou na mañá deste martes no Concello os premios do “XI Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. Á cita acudiron os gañadores dos mesmos: Marcos López Alonso, veciño de Ferrol, que obtivo o primeiro (750 euros) coa súa imaxe “Narón é outro conto”; un veciño de Neda, Diego Pita Díaz, obtivo o segundo premio, valorado en 300 euros, pola fotografía “Narón seguro” e unha veciña de Bergondo, Rocío Carro Vázquez, gañou o terceiro, de 150 euros, coa súa imaxe “Amor pola lectura”.

A edil de Turismo felicitou aos gañadores desta nova edición do certame e agradeceu a súa participación, así como a dos resto de persoas –outras vinte e nove- que presentaron fotografías. Así mesmo, Hermida anunciou que ao igual que en anos anteriores o Concello editará un calendario de sobremesa coas doce imaxes que obtiveron a mellor puntuación do xurado de todas as presentadas, un total de oitenta e seis. O impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade foron os criterios que valoraron os integrantes do xurado, que se reuniron no Concello o pasado 2 de outubro, formando parte do mesmo tres fotógrafos profesionais: Carlos Carballeira, Francisco Delgado e Marisa Rivas.

As doce imaxes que ilustrarán o novo calendario poden verse na web do Concello de Narón, a través do enlace:
http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/concurso-fotografia .

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …