O Concello de Narón implanta a tecnoloxía led en luminarias de Cerdeiras e Os Tortos, en Doso

Fot.arch.

 O Concello de Narón continúa avanzando na implantación do sistema led no alumeado público da zona rural. Así o asegurou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que anunciou que se están acometendo as tarefas que permitirán substituír máis de medio cento de luminarias nos lugares de Cerdeiras e Os Tortos, na parroquia de Doso. “Con cargo a estes traballos, que leva a cabo persoal de mantemento do servizo de alumeado, poderemos reducir nun 50% a factura de alumeado nesas zonas do termo municipal”, explicou o edil.

Santalla recordou que o orzamento municipal dispón dunha partida de subministro de luminarias “a través da que cada ano se van substituíndo as vellas luminarias por outras de tecnoloxía led naquelas zonas do municipio nas que se rexistran máis problemas, por exemplo, por avarías”. O cambio permite, a maiores dese aforro na factura pola baixada no consumo, suprimir os gastos de mantemento derivados dos sistemas antigos e, ao mesmo tempo, incrementar a calidade lumínica trala implantación do led.

O concelleiro de Servizos apuntou que estes mesmos traballos se levaron a cabo este ano nos lugares de Pedreira, na parroquia do Val, e de Sobecos, na de Castro. “Dende o goberno local continuaremos traballando nesta liña, tanto na zona urbana, donde xa se realizaron importantes investimentos nesta área, como na rural, cunha menor cantidade de luminarias nas vías públicas pero donde a veciñanza disporá tamén das vantaxes dunha mellor iluminación”, recalcou.

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán …

Un comentario

  1. Que veña a alcaldesa ver a cantidade de RATAS e FOCHANCAS que hay no barrio da GÁNDARA.