Narón-O Pazo acolle esta fin de semana a representación dos espectáculos “Solitudes” e “Pinocho”

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous espectáculos culturais, cun aforo máximo para cada unha das sesións programadas de 50 persoas, tal e como se require nas medidas preventivas da Covid-19.

O sábado

Este sábado será o turno da compañía Kulunka Teatro, que representará ás 20.00 horas a obra “Solitudes”. Trátase dunha peza de teatro de máscaras xestual dirixido a todos os públicos e que conta, a base de humor, unha historia de soidade e incomunicación dos integrantes dunha familia. A obra obtivo multitude de recoñecementos como os Premios Max ao Mellor espectáculo e Mellor composición musical, o Premio Mellor espectáculo do Festival de Birmingham e o Premio Ollo crítico RTVE.

Xornada do domingo

Na xornada do domingo estará no Pazo a compañía Ghazafelhos, coa obra Pinocho. Haberá un total de tres pases, ás 12.30, 18.00 e 20.00 horas desta obra de teatro actoral, que combina monicreques e música en directo. A peza diríxese a público familiar e infantil, a partir de 6 anos e que é unha adaptación libre da obra de Carlo Collodi que realizou Pepablo Patinho.

As entradas dispoñibles para estes espectáculos, ata completar o aforo, poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …