Narón-A alcaldesa desprazouse ao Pazo con motivo do avance das obras de reparación de aulas

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ao Pazo da Cultura con motivo da execución das obras do proxecto de reparación de aulas no Pazo da Cultura. A intervención, que rematará nos vindeiros días, supuxo un investimento de case 11.000 euros, contía que permitirá mellorar a capacidade das aulas, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro. Na visita estivo tamén presente o director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández.

A intensa actividade que ao longo do ano se desenvolve no Pazo da Cultura, sumada ás restricións derivadas da pandemia pola Covid-19 levou ao goberno local a acometer algunhas reparacións que afectaron a tabiques, rodapés, instalación eléctrica… “O proxecto implicou mover tabiques para así poder contar con algunha aula máis ampla e cumprir as recomendación sanitarias no momento de impartir as clases aos diferentes grupos”, explicou.

Así mesmo, Ferreiro recalcou que “os traballos de illamento de paredes e dun falso teito insonorizados tamén contribuirá a mellorar á acústica nas clases de música, que son as que se desenvolven nesa aula que se ampliou”. A rexedora local destacou que se trata dunha actuación “que redundará en beneficio do alumnado das Escolas Culturais Municipais e priorizando en todo momento a seguridade do mesmo”.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …