Editorial-A RAG » mexa por nos e….»

Realmente debe ser totalmente condenable pola cidadanía o atraco realizado pola que se denomina Real Academia Galega ante o ocorrido estes últimos días coa celebración da súa sesión dedicada a Ricardo Carvalho Calero.

Condenable o que se castigou á cidade natal de tan ilustre escritor e a que en lugar de celebrar a sesión extraordinaria en Ferrol, como adoita facerse nas localidades onde naceu o personaxe ao que se dedica o Día das Letras Galegas coa desculpa do covid traspasano a Santiago ¿é que na cidade do Apóstolo as medidas para adoptar non foron as mesmas que se tomarían en Ferrol?.Ganas de moer!.

E se moitas veces tivemos ocasón de criticar aos nosos edís, nesta, non queda máis remedio que recoñecer a súa unión, a de todos os grupos políticos, para mostrar as uñas aos señores académicos, a eles súmanse diversas entidades e asociacións.

Moi bonito o lema da RAG « Colligit, expurgat, innovat».…aínda que de recoller, parece que non quixeron ter en conta as peticións formuladas, incluso a de trasladar os actos ao 2021 pola situación creada por o «bicho«; o de expurgart..quizais lles pegue ben, porque depuraron..como depuraron ao ilustre ferrolán noutros tempos; e de innovar?, se que innovaron dando un bofetón aos ferroláns.

Ten razón, toda, o noso alcalde, e na súa boca podería poñerse a da cidadanía «Teño que expresar o meu malestar como alcalde de Ferrol por como se desenvolveron todos os acontecementos ao longo de todo este ano excepcional» sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, «un malestar que se estende por toda a cidade» acusado á Real Academia Galega (RAG) de «faltar ao respecto» á cidade tras celebrar o sábado o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas 2020 en Santiago e non na urbe naval, onde naceu e desenvolveu boa parte da súa carreira Ricardo Carvalho Calero.

O devandito naquilo de « mexan por nos e hai que dicir que chove«…a RAG luciuse con Ferrol.
Desde Ultramar
Pedro Sanz-Director

 

Lea también

Editorial-Tras los asesinatos en Barbate…«¡Viva honrada la Guardia Civil!»

Este viernes, un día después de que un 8 de febrero de 1913, hace 111 …