Narón-A alcaldesa recibiu a Manuel Mesa, exdelegado en Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu na mañá deste luns no seu despacho ao exdelegado en Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol, o naronés Manuel Mesa, nun acto ao que tamén acudiu o edil de Deportes da cidade, José Oreona. Os representantes do goberno local valoraron o traballo realizado por Mesa nos dez anos que permaneceu á fronte da citada delegación polo deporte en xeral e o fútbol en particular.

Ferreiro entregoulle a Mesa un agasallo institucional en recoñecemento ao seu labor e á súa disposición a colaborar nos eventos deportivos que se organizaron no Concello naronés. No mesmo podíase ler o texto: “O éxito consiste en acadar o desexado e a felicidade en gozar do conseguido”. Mesa agradeceu o agasallo e tamén o respaldo obtido polo Concello de Narón e destacou o labor que realiza a cidade a prol do deporte.

Finamente, a alcaldesa recalcoulle ao exdelegado da RFEF que as portas do Consistorio naronés sempre estarán abertas para el e valorou o feito de que xa continúe vencellado ao mundo do deporte na comarca tras deixar por motivos persoais o seu cargo na citada Federación.

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán …