O Concello de Valdoviño presenta este domingo o Calendario Municipal 2021

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a tomar parte este domingo 20 de decembro ás 18,30 horas na presentación oficial do Calendario Municipal 2021. Unha publicación editada pola Concellería de Cultura que ilustran, un ano máis, os propios veciños e veciñas da localidade. A nova normalidade imposta pola covid-19 non escapa tampouco ao calendario e, nesta ocasión, o Concello decidiu seleccionar o banco de imaxes entre as fotografías que a cidadanía foi trasladando durante o confinamento ao
proxecto #ValdoPaisaxes. Estampas incribles do noso municipio que darán vida
agora a cada un dos meses de 2021.

Así, as persoas interesadas en participar no acto de presentación poderán retirar as súas invitacións ata o venres 18 na Casa da Cultura (en horario de 11 a 14 horas).

Tras o acto, o público asistente poderá asistir á función «Por vía oral », de Dínamo producións, que chega a Valdoviño da man da Deputación provincial. Un
espectáculo para todos os públicos

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …