Últimos días para anotarse no encontro cos Reis Magos na súa visita a Valdoviñ

O Concello convidou ás súas Maxestades ao municipio unhas horas antes de que inicien o seu percorrido polos fogares de todo o mundo

O Concello de Valdoviño anima aos nenos e nenas do municipio a apuntarse ao encontro cos Reis Magos de Oriente. Dada a nova normalidade imposta pola covid-19, e para evitar riscos e minimizar contactos, o Concello decidiu substituir a tradicional Cabalgata en Valdoviño por un encontro cos máis pequenos e pequenas da casa no que se seguirá un estricto protocolo fronte ao coronavirus.

En todo caso, para participar nel, será preciso inscribirse previamente e o prazo
conclúe o luns 4 de xaneiro. Pode facerse chamando ao teléfono 981 48 76 66
en horario de 11 a 14 horas (mañá  mércores ou o mesmo luns día 4 ata as 12 h)
ou enviando un correo electrónico a cultura@concellodevaldovino.com. Nos dous
casos, é preciso sinalar nome e apelidos, concello de procedencia do/a neno/a,
e nome do responsable que acompañará ao menor, xunto ao número de teléfono.

O encontro cos Reis Magos celebrarase o 5 de xaneiro, unhas horas antes de que
visiten os fogares, na Casa da Cultura.

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …