Narón-O Pazo inicia a programación do primeiro trimestre do ano

O Pazo da Cultura de Narón estreará este sábado, día 9, a programación do primeiro trimestre do ano do Padroado da Cultura coa representación da comedia “O Premio”, da compañía La Quintana. A cita será ás 20.00 horas e as entradas dispoñibles ata completar o aforo –de 500 persoas trala entrada en vigor este martes das novas medidas sanitarias no concello- poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web:
www.padroadodecultura.es . O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

A comedia “O Premio” fala da situación das personas nun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal que se viron obrigadas a caer en “O Premio” como única fórmula para acadar a felicidade.

Trátase dun reality en directo no que o público terá un papel moi activo, xa que será o que vote quen merece levar o premio da súa vida. Hai tres finais posibles dos que un, o que o público decida, será o que porá fin a esta comedia.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …