O Concello repartirá medio millar de almanaques dedicados a Carvalho Calero

A concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, trasladou hoxe aos grupos da oposición durante a comisión informativa de Participación Cidadá, celebrada esta mañá, que o Concello vai repartir nos próximos días medio millar de almanaques dedicados ao escritor Carvalho Calero entre as entidades que integran o Consello Sectorial da Lingua e as asociación veciñais da cidade.

O deseño do calendario contou coa colaboración de Delia Vázquez e Emilia Seoane. Inclúe imaxes do autor ferrolán paseando polo Cantón coa súa filla e fotografías de portadas de edicións antigas de dúas das súas obras máis emblemáticas, A Xente na Barreira e Scórpio.

A edil explicou que se trata dunha acción máis do Concello no camiño de seguir homenaxeando a “unha das figuras máis importantes da nosa historia” cuxo recoñecemento “viuse truncado o pasado ano pola pandemia da covid-19”.

Lea también

Confirmación das datas do I festival «Pontedeume vila do libro»

O Concello de Pontedeume converterase este ano na primeira vila do libro galega, un proxecto …