Este sábado, segunda xornada de estrea da obra «A voz tomada» no Pazo da cultura de Narón

 A compañía teatral «Que contas?» estrea esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón a obra “A voz tomada”, escrita e dirixida por Alfonso Calleja, un vallisoletano afincado en Narón dende hai varios anos. A obra a obra púidose ver este venres e de novo repítese este sábado, día 23 ás 20.00 e as entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

A obra desta nova compañía teatral céntrase na historia doméstica dun individuo, os seus pais e a súa filla, abordando directamente a relación entre eles. O autor do texto, e algúns dos integrantes do elenco desta peza, formáronse na Escola de Teatro de Narón. O espectáculo, de aproximadamente hora e media de duración, comeza mercando a entrada, incluídos os actores, que tamén estarán no patio de butacas, na escuridade, ata que unha parte do escenario se ilumine.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …