Narón-A alcaldesa participou na “XXIX Asemblea xeral do Eixo Atlántico” celebrada vía telemática

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, participou na  mañá deste mércores  vía telemática na XXIX Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, na que entre outros asuntos se realizou un balance da xestión e das contas do ano 2020 e tamén se presentou o programa e o orzamento desa anualidade. A reunión estivo presidida polo máximo responsable do Eixo Atlántico, Ricardo Río e na mesma participaron representantes das cidades de Galicia e do norte de Portugal que integran este organismo.

A alcaldesa destacou a importancia de “continuar traballando dende este organismo para impulsar novos investimentos e maior financiación para que os concellos poidan avanzar na saída da crise económica derivada da pandemia pola Covid-19”. Ferreiro recalcou que “dende o pasado mes de marzo afrontáronse dende os concellos importantes gastos destinados a medidas hixiénicas e sanitarias de prevención da Covid-19 e tamén foi preciso reforzar a atención ás persoas máis vulnerables, polo que agora é o momento de que os concellos dispoñan dunha maior financiación para poder superar tamén as consecuencias desta grave crise”.

Así mesmo a alcaldesa de Narón incidiu na importancia de “continuar apostando pola diversificación, polos investimentos no sector turístico e por impulsar e reclamar todo tipo de infraestruturas como o corredor atlántico ferroviario para vertebrar o territorio”.

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …