Narón-A alcaldesa recibiu no Concello a Carlos Soria, novo comisario do Corpo Nacional da Policía

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a recepción ao novo comisario xefe da Policía Nacional na Comisaría de Ferrol- Narón, Carlos Soria. O acto tivo lugar na mañá deste  xoves no despacho da Alcaldía e no mesmo estiveron tamén presentes o concelleiro de Seguridade Cidadá e SPEIS, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita.

Ferreiro deu a benvida ao novo responsable da Comisaría de Ferrol- Narón e trasladou a importancia de manter a coordinación existente entre os diferentes Corpos de Seguridade tal e como se vén facendo e destacou o traballo que se realiza neste ámbito dende a citada comisaría. A alcaldesa aludiu, a modo de exemplo, ao traballo desenvolvido conxuntamente para levar a cabo tarefas derivadas do control da pandemia pola Covid-19, como o control dos perímetros, o reparto de máscaras no transporte público… “que foi posible precisamente grazas a esa coordinación entre a PolicíaNacional e Local e que contou tamén co respaldo da Garda Civil en
determinadas actuacións”.

A reunión foi unha primeira toma de contacto na que a alcaldesa e o comisario intercambiaron unhas valoracións iniciais sobre a cidade e que Ferreiro tamén aproveitou para reiterar o ofrecemento da colaboración do Concello.

Carlos Soria substitúe no cargo a Jorge Rubal, excomisario de Ferrol- Narón e que o pasado ano cambiou de destino ao ser nomeado xefe da Unidade do Corpo de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …