Narón-O concello edita 5.000 dípticos cos locais de hostalería que ofrecen comida a domilicio e/ou servizo de recollida

O Concello editou un total de 5.000 dípticos nos que se publicitan un total de 28 establecementos de hostalería da cidade que ofrecen actualmente servizo de recollida nos locais, para levar ao domicilio ou as dúas opcións. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, explicou que esta medida se impulsa a través do programa Narón Gastronómico e a través da mesma, “tratamos de colaborar con un sector que padece dende hai varios meses as consecuencias das restricións aplicadas debido á situación sanitaria”.

No díptico, que se repartirá cun sistema de buzoneo e que se pode consultar tamén a través da páxina web e do Facebook do Concello de Narón, recóllense o nome dos establecementos, a súa dirección, un teléfono e correo electrónico de contacto e especifícase se ofrecen servizo a domicilio, para recoller, ou ofrecen estas dúas opcións. No caso de que traballen con plataformas de entrega a domicilio, tamén se especifica no citado documento.

Os establecementos que se anotaron nesta iniciativa, para a que abrimos un prazo dende o Concello, dispoñen xa dun medio máis a través do que publicitarse, ofrecendo ás veciñas e veciños de Narón as opcións das que dispoñen no caso de querer encargar comida nalgún dos establecementos da cidade que están actualmente operativos”, apuntou Pita.

Lea también

Narón-Formación para obter o nivel cualificado de aplicación de produtos fitosanitarios

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza …