Narón-O Padroado da Cultura retoma a programación do “VI Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular”

A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, recordou que o vindeiro 6 de marzo se celebrará unha nova edición, a sexta, do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que un ano máis inclúe varios monólogos e unha serie de actividades paralelas. Ferreiro animou á veciñanza de Narón, e doutros concellos cando o permitan as medidas sanitarias, a acudir a ver estes espectáculos “pensados para público adulto e tamén infantil e cun espazo importante para as compañías galegas, apoiando o seu traballo como sempre fixemos dende Narón e dando tamén oportunidades a outras de Madrid e Chile nesta edicióndo Festival Singular”.

Programación

Concha Velasco

A primeira cita será o día 6, ás 20.00 horas e coa actriz Concha Velasco de protagonista do monólogo “La habitación de María”, de Pentación
Espectáculos.

O programa deste festival continuará os días 12 e 13 de marzo –ás 20.30 e 20.00 horas respectivamente- cunha estrea, “Libre coma os paxaros”, de Teatro do Atlántico e protagonizada por María Barcala.

Así mesmo, o día 14 ás 18.00 horas será o turno de Juan Rodríguez, que
protagoniza “Feo!”, da compañía Caramuxo Teatro.

O día 19 ás 20.30  horas María Ángeles Iglesias protagoniza “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”, da Compañía Verdeverás Expresións Artísticas e o CDG.

O día 20 ás 20.00 horas estrearase a obra “Mocos”, de Contraproduccións, con Cándido Pazó –substituíndo o monólogo inicialmente previsto con Alberto San Juan-.

Así mesmo, o día 21 ás 18.00 horas Andrea Bayer protagonizará Fíos”, de
Baobab Teatro.

O día 26 ás 20.30 poderase ver a Laura Villaverde en “Chola a it girl”, de Artesacía.

O día 27 ás 20.00 horas a Edurne Rankin con “L@s niñ@s de Winnipeg”, da compañía chilena La llave maestra –que estrea a peza a nivel estatal no Pazo.

E  finalmente, o día 28 ás 18.00 horas pechará o ciclo de monólogos a compañía Eme2 Producións, con “Semente”, protagonizada por Mercedes Castro.

Outras actividades do Festival

O programa do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular inclúe ademais o día 19 de marzo ás 18.00 horas unha mesa redonda sobre “Circulación internacional de espectáculos teatrais”, na que participarán recoñecidos profesionais do teatro a nivel nacional e internacional.

Así mesmo, programáronse dous cursos, un sobre “Festival de Mueca. Unha experiencia de xestión coparticipada”, o día 20 de marzo de 9.00 a 12.00 impartido por Marcelino Martín, director do festival Mueca, e outro sobre “Interpretación
actoral” do 22 ao 25 de marzo, de 18.00 a 21.00 horas, a cargo da actriz galega
e cofundadora de Teatro do Atlántico, María Barcala.

A alcaldesa recordou que xa están á venda as entradas para poder ver estes espectáculos, cun aforo de ata 250 persoas nas butacas do Pazo e de 50 para os programados no Café Teatro. Ferreiro incidiu en que a actividade do Pazo está suxeita a estritas medidas de seguridade para cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias sobre prevención da Covid-19.

Lea también

Narón-Xornadas de portas abertas para as Escolas Culturais Municipais

O Padroado da Cultura de Narón organizou unhas xornadas de portas abertas para aquelas persoas interesadas …