Dez centros escolares da comarca participan na fase intercentros do Certame Literario ‘Carmela Loureiro’

Cartel do certame dunha edición anterior – Concello de Ferrol

Un total de dez centros escolares —7 de Ferrol e 3 da comarca— participan na fase intercentros da sétima edición do “Certame Literario Carmela Loureiro”, unha iniciativa que convocan o Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL) como homenaxe a unha muller que foi profesora na zona e presidenta da entidade durante anos. Ademais, dedicou o seu tempo á lingua e á comunidade galega.

En total son 65 textos literarios de alumnos dos sete centros ferroláns —IES Saturnino Montojo, IES Concepción Arenal, IES Canido, IES Carvalho Calero, Colexio Ludy, Colexio Belén e o CEIP Almirante Juan de Lángara— e tres da comarca de Ferrolterra —CPI de Atios (Valdoviño), CPI A Xunqueira (Fene) e o IES Fene.

O xurado encargado de seleccionar os traballos gañadores resolverá ao longo do mes de marzo e o acto público para entregar os premios estará condicionado á situación sanitaria nese momento. A concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, apuntou que o certame consta de dúas fases, unha interna, que xa se celebrou, e outra intercentros, e inclúe tres modalidades: microrrelatos, micropoesía e microteatro. Tamén mostrou o seu agradecemento ao alumnado dos centros educativos pola súa participación na convocatoria.

Lea también

Entrega de premios en Ferrol a los ganadores del IV Concurso de Fotografía “Puerto y Ciudad”

Este viernes 19 de abril, tendrá lugar en Ferrol la entrega de premios a los …