O BNG esixe a Feijóo e Rey Varela unha censura das palabras do portavoz popular en Pontevedra

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante das afirmacións feitas polo portavoz do PP de Pontevedra en relación coa cidade, esixe ao presidente da Xunta e ao portavoz Popular na cidade «unha censura e condena explícita das descalificacións feitas polo seu compañeiro de partido«.

Para o BNG é «intolerable» que despois de ser o PP corresponsable xunto ao PSOE «da situación de desmantelamento industrial da cidade, que o mesmo PP teña o atrevemento de rirse das consecuencias das decisións que tanto o PP como o PSOE teñen adoptado ao longo das últimas décadas desde o estado e desde a Xunta de Galiza«.

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, afirmou que “semella que entre todos a mataron e Ferrol soa morreu sen que agora ninguén non só non se faga responsable de nada senón que non propoñan nada diferente.”

Vai sendo hora de romper coa inercia de todos estes anos deixandose levar polas decisións que toman outros desde Madrid e Santiago”, polo que Iván Rivas pediu ao alcalde da cidade un pouco de autocrítica e asumir a corresponsabilidade do seu partido político na actual situación da cidade.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …