Narón-Últimas entradas á venda para o concerto de Pablo Milanés no Pazo da Cultura no mes de maio

O cantautor Pablo Milanés (Cuba, 1943) presentará no Pazo da Cultura de Narón o vindeiro 8 de maio a súa nova xira, “Días de luz”, cunha posta en escena marcada por un formato íntimo e reflexivo para un novo tempo e unha aposta por abrir un novo horizonte, tan preciso nestes momentos, a partir dunha reflexión máis intimista e esperanzadora. O concerto dará comezo ás 20.00 horas, estando actualmente a piques de esgotarse as entradas para completar o aforo permitido na actualidade, de 250 persoas. Poden adquirirse as últimas corenta dispoñibles a día de hoxe no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es . O prezo das entradas é de 22 euros para o público xeral e de 15,40 en tarifa reducida.

O trovador cubano afronta este novo ano con ganas, entusiasmo e coa sinatura dun novo disco, avanzando que se publicará en formato dixital todo seu catálogo discográfico. Milanés é un dos principais exponentes da canción de autor en español e soubo abordar unha ampla diversidade de xéneros da música cubana e americana na súa traxectoria grazas á súa versatilidade interpretativa.

Considerado un dos principais exponentes da canción de autor en español, Pablo Milanés acaba de publicar a súa derradeira composición, “Esperando el milagro”, unha súplica para chamar a meditar sobre o presente que vivimos e un futuro que se quere sentir esperanzador. Con esta estrea Pablo Milanés anuncia tamén o seu próximo disco que Universal Music España ten previsto distribuír ao longo do año. Un traballo que contará con outras composicións, como “Vestida de mar”, adicada á súa querida cidade da Habana, e “Día de luz”.

 

Acompañado no escenario por Ivonne Téllez, ao piano, e a chelista Caridad R. Varona, o cantautor atoparase co seu público nos concertos da súa nova xira “Día de Luz”, coa que aposta por abrir un novo horizonte. Xunto con composicións novas, como “Días de luz”, un canto ás incertidumes actuais e ao amor como o seu refuxio, ou a máis recente “Esperando el milagro”, que invita a unha profunda reflexión sobre a tráxica pandemia que asola ao planeta. No directo de Pablo Milanés non faltarán temas clásicos como: “El breve espacio”, “Yolanda”, “Ya ves” o “Para vivir”.

Tras recibir dous Grammy Latinos en 2006, e un Grammy á Excelencia Musical en 2015, Pablo compoñendo e gravando en solitario e en colaboracións con outros músicos. De ahí que 2021 veña con novos proyectos, como o lanzamento internacional dun disco en inglés que reúne clásicos do jazz americano, un traballo só coa súa guitarra, de temas novos e outros antigos nunca publicados, así como outras novidades.

Lea también

Narón-El PP se congratula que el gobierno local inicie el control de colonias de gatos

En un comunicado del grupo municipal del Partido Popular se Narón se congratula que el …