Narón-O Padroado da Cultura conmemora esta semana o Día Internacional da Danza

 O Padroado da Cultura e a compañía Pisando Ovos celebrarán na cidade con varias propostas o Día Internacional da Danza, que se conmemora o vindeiro 29 de abril.

A presidenta do Padroado e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que coincidindo con esa data se levará a cabo un programa especial, coa axuda ao Impulso ás Artes Escénicas do Agadic-Xunta de Galicia e o apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña e Galicia Danza Contemporánea.

O xoves

Ferreiro avanzou que esa programación permitirá ver os últimos traballos de Pisando Ovos e tamén doutras tres compañías galegas o vindeiro xoves na Praza de Galicia ás 18.30 horas, se ben en caso de choiva a actividade trasladarase ao Auditorio municipal, tamén na Praza de Galicia.

Os traballos que se poderán ver –dunha duración de entre dez e corenta minutos- son “Meta”, de Cristina Montero; “Set”, de Paula Quintas, coa compañía Traspediante; “Le Bruit”, de Masa Madre e “Directo 9”, de Pisando Ovos. Esta última compañía, en colaboración co Padroado da Cultura de Narón, recibiu o pasado ano unha axuda do Agadic ao impulso do sector escénico, coa finalidade de reactivar as súas producións debido á crise da covid-19. A primeira fase levouse a cabo os pasados meses de outubro e novembro, cos ensaios da súa última produción, “Directo 9”, e obradoiros de movemento, e a segunda fase terá lugar do 27 ao 29 de abril, na semana adicada na cidade á celebración do Día Internacional da Danza 2021.

O Pazo da Cultura acollerá dende este martes ata o xoves os ensaios do proceso creativo de “Directo 9” e o mércores 28 convocáronse obradoiros de movemento na Escola de Teatro de Narón, con Rut Balbís, directora da compañía de danza contemporánea Pisando Ovo

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …