Neda-Celebración da XVIII edición das Xornadas Literarias centradas en Emilia Pardo Bazán

A Casa da Cultura de Neda acollía na tarde deste xoves, día 29, a inauguración da XVIII edición das Xornadas Literarias. Unha cita coa literatura centrada este ano na figura e obra da escritora galega Emilia Pardo Bazán. O alcalde, Angel Alvariño, era o encargado de inaugurar as xornadas, e destacar a calidade da programación, que aúna cine, ponencias e debate.

Así, trala súa intervención, o autor e crítico cinematográfico Alberto Abuín daba paso ao filme “Emilia Pardo Bazán. A condesa rebelde”, unha cinta de Zaza Ceballos centrada na etapa de madurez da escritora.

Este venres

As xornadas continuarán este venres, coa palabra como gran protagonista. A partir das 18 horas, sucederanse as ponencias, por esta orde:

«Emilia Pardo Bazán, escritora e muller excepcional», a cargo do clube de lectura A pantasma de papel do IES Fernando Esquío.

-“Marimachismo e subversión: os desexos de Emilia Pardo Bazán para as mulleres do futuro”, coas escritoras Marilar Aleixandre e María López Sández

-“Quen teme a Emilia Pardo Bazán?”, a cargo da escritora Mónica Bar Cendón. 

Lea también

Cumpleaños centenario de Dª María Mira en Ortigueira

Durante la mañana de este lunes 15 de abril, la concelleira de Saúde, Cultura e …