Narón-O Concello licita en 254.468 euros o proxecto de renovación de alumeado en varios viais

A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou a licitación do proxecto de renovación de alumeado público do Concello, unha intervención cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) e xestionada polo IDAE, organismo que confirmou o pasado mes de xuño a concesión dunha subvención europea para acometer esta intervención, licitada en 254.468 euros e cun prazo de execución de catro meses. A rexedora local informou de que as empresas interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 14 de maio (ás 23.59 horas) para presentar as súas ofertas no Consistorio. Toda a información sobre o procedemento pode consultarse a través da Plataforma de Contratación.

A mellora na calidade da iluminación e a redución do consumo enerxético son dous dos obxectivos que se persiguen coa materialización deste proxecto, que permitirá substituír 461 puntos de luz na cidade. Eses puntos, tal e como explicou Ferreiro, “localízanse en zonas de interconexión entre áreas industriais e urbanas e tamén en viais de acceso xeral entre núcleos”. A alcaldesa explicou que a actuación principal contemplada neste proxecto é “a substitución desas luminarias convencionais por outras de tecnoloxía led, cunha potencia moi inferior pero unha mellor calidade lumínica e que se programarán cunha redución do 30% de potencia para obter un maior aforro estimado nun 45% no consumo de enerxía”.

Viais nos que se levarán a cabo

A rexedora local explicou ademais que “os traballos acometeranse de xeito gradual, para así ocasionar as mínimas molestias e non deixar sen servizo os viais nos que se levarán a cabo”. Vías de acceso dos polígonos industriais da Gándara, As Lagoas e Río do Pozo, a estrada da Gándara, a rúa Ferrol, as zonas de Cornido e de Outeiro-Piñeiros, as inmediacións da glorieta do polígono da Gándara nas proximidades da AP-9 cara ao Couto, a estrada superior da urbanización do Couto, Río Seco e o vial de acceso a Río do Pozo, son as zonas nas que se realizarán estes cambios de luminarias para implantar a tecnoloxía led.

Continuamos avanzando na implantación desta tecnoloxía na cidade, con fondos propios e axudas supramunicipais que nos permitirán acadar antes os obxectivos marcados para reducir a contaminación lumínica e tamén mellorar o servizo e importantes aforros en custes por consumo enerxético e mantemento”, recalcou Ferreiro.

Outra mellora

A alcaldesa recordou tamén que o Concello dispón dunha subvención para materializar un proyecto de rehabilitación da envolvente térmica do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, neste caso para unha actuación que ronda os 400.000 euros. Con cargo a esta última, tamén solicitada polo goberno local a través do Ministerio de Transición Ecolóxica, melloraranse as condicións térmicas de habitabilidade e a eficiencia enerxética das instalacións.

Lea también

Narón-El PP se congratula que el gobierno local inicie el control de colonias de gatos

En un comunicado del grupo municipal del Partido Popular se Narón se congratula que el …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *